viernes, 24 de mayo de 2013

TRANSICIÓNS...

    Se entendemos a transicións como un rito de paso.O antropólogo francés Van Gennep sinala que no seu desenvolvemento social un individuo debe levar a cabo numerosas transicións,entre a mocidade e a idade adulta, entre a soltería e o matrimonio, entre non pertencer e pertencer a un grupo, entre viaxar e retornar.
  A escola infantil Elfos tamén fai de rito de paso, de a familia a escolarización primaria.
Parabéns, para todos os nosos nenos ( e tamén para  os pais) que superan esta proba de iniciación.
   E para falar das transicións, fíxose a feira de A Estrada sen Fronteiras Educativas.

Déixovos o programa e os relatos que fixeron algúns pais e avós.Grazas polos vosos relatos.


UN CAMBIO DUNHA NENA DE 1 A 3 ANOS
Visión desde idades superiores

Ao falarmos de “cambios” en persoas coido que ao mellor deberiamos falar de “tránsitos”, de “degraus” xa que os propios cambios van inherentes a esas diferentes pasaxes vitais. Mais, ao falarmos de nenas e nenos de un, dous ou tres anos estas pasaxes son ben máis pronunciadas xa que as novidades imos observándoas non de ano en ano senón que de día en día, de semana en semana... e ao mesmo tempo son moito máis importantes no desenvolvemento futuro da persoa. A adquisición de coñecementos, de hábitos, de inercias... son bases sobre as que se sustentan as pasaxes do día seguinte, da semana seguinte.
Desde logo que vistas estas pasaxes desde a idade de pais, de avós (como é neste caso) son quizais máis impactantes, máis chamativas e máis profundas. Son visións paternalistas que fan enorgullecer a quen as vai vendo, a quen vai convivindo día a día con elas deixando ao mellor de lado a importancia que realmente teñen e soamente enriquecen o ego dos maiores.
Foron, e son, moitos... moitísimos os cambios que unha nena coma Aroa (con case tres anos) amosou á nosa visión paternalista e, de seguro, que foron moitos máis aqueles vistos polos e polas docentes que conviviron con ela aquelas poucas horas... pero, a fin de contas, tanto os uns coma os outros son banzos que foron, van e irán conformando a personalidade da nosa neta.
Un forte saúdo a todas e a todos os/as educadores/-as de cuxa man moitos foron os hábitos que no día de mañá serán alicerces da súa vida, do seu percorrer vital.

Avós de AROA LORENZO LOUREIRO


Cómo viví la adaptación de mi hija a la Escuela Infantil
Era un 4 de septiembre y me levanté con una sola duda que me rondaba la cabeza desde hacía tiempo. ¿Hacía bien optando por llevarla a la Escuela Infantil? Intentaba responder a esa pregunta justificando mi decisión y alejando sentimientos infundados, en gran medida por otras personas, de culpabilidad, y eché mano del comodín, del público, de la llamada…. Da igual, el caso es que quise poner en el periodo de adaptación todas mis esperanzas. Si ella lo superaba es que simplemente asistía a un proceso natural de adaptación e inserción social. Queremos enseñarles inglés, música, matemáticas, sociales… desde que son bebés, pero dudamos si es aconsejable o no introducirles en la sociabilidad a través del  universo de la escuela, hecho a su medida para que lo entiendan. Serán músicos, filólogos o matemáticos, pero todos, absolutamente todos los  niños deberán aprender a vivir en sociedad y a no depender de nosotros. Ese proceso de adaptación es el ‘preescolar’ de la sociabilidad. El primer día la acompañé al centro y me fui con miedo. Me dejé aconsejar en todo momento por las educadoras. Y junto a ellas la niña aprendió que hay otros mundos, y aunque no siempre deseemos conocerlos, la experiencia de vivirlos es fascinante. Igual que el camino más largo, el periodo de adaptación para mí fui un paso a paso en un importante proceso del desarrollo de la niña. Entre ella, las educadoras y yo, con paciencia, serenidad y sentido común, superando o corrigiendo o cada obstáculo, un llanto, el mal comer, conseguimos que el comodín respondiera a mi pregunta. Y me llevé el bote: Una marea de experiencias y conocimientos para la niña y para nosotros.

                         Reyes Cabero

No hay comentarios:

Publicar un comentario