jueves, 21 de noviembre de 2013

PAN DE MILLO 2.....


Para moer, levase ao muíño, este pode ser de auga, de vento ou manual.
Neste caso, un muíño de moer café, para desenrolar a psicomotricidade fina.Esta refírese,a esa capacidade que teñen os nenos para dominar o seu corpo, as accións que realízanse cas mans e para as cales hai que ter control óculo-manual.Sendo fundamental para o desenrolo de habilidades e da intelixencia.
E por último  facer:
 O pan de millo:
 Elabórase a masa engadíndolle á fariña auga morna, unhas areas de sal,un anaco de fermento, amásase coas mans e levase a cocer ao forno.
 Non só nos quitou a fame de enriba, ademais os nosos cativos emprégano como ............

video 










martes, 19 de noviembre de 2013

PAN DE MILLO....



Do latín milium, grans pequenos e en gran número, xurde o millo para expresar un dos tótems da cultura gastronómica galega, e quizais unha das fontes de alimentación máis recorridas no mundo. Dende a época castrexa, en Galicia chamábaselle millo ó mijo, o millo miúdo ou paínzo (Panicum miliaceum), pasando a denominarse millo ó gran orixinario de América fai case catrocentos anos. Na Península Ibérica coñécese coma maíz, xa que ó preguntarlle os conquistadores españois polo nome desa planta a un nativo, este respóndelles "ma is", querendo dicir "tómao", "cólleo ti mesmo".

Cando o millo esta maduro faise a seitura, esta pode ser ben cortando a planta enteira ou recollendo as espigas.

Despois faise a esfolla Se o tempo o permitía a esfolla podíase facer na propia leira. Para realizar esta tarefa xuntábanse mozos e mozas que ían sacando coas mans as follas que rodeaban a mazaroca. Logo as espigas íanse debullando a man e unha vez limpo o millo gardábase nas arcas ata a hora de levalo a moer.


 


viernes, 15 de noviembre de 2013

FESTA DO SAN MARTIÑO....

O San Martiño marca o inicio do frío do inverno e do punto de partida de matar o porco que se cebou durante todo o ano.
É tempo de matanza, de reunións familiares e de estar cos amigos. De cocidos e castañas, acompañadas do viño novo, de música de gaiteiros e de tempo asollado (o veranillo de San Martiño,sen comentarios).

Grazas a todos por vir: as mamas e papas que nos obsequiaron cas súas sobremesas para compartir, a eses pais e nais que nunca fallan, a mama de Vivian por ese conto tradicional, aos gaiteiros de Tamparrantán

E como di o refrán  "A todo porco lle chega ou seu San Martiño".

P.D.:
Grazas aos papas de Vivian, poñemos o enlace dos Contos Tradicionais  Escola Infantil Elfos Las Cinco Águilas Blancas, Venezuela" en YouTube .Onde aparece a mama de Vivian contándonos un conto tradicional venezolano 
https://www.youtube.com/watch?v=ClMVwm0-ljc&feature=youtube_gdata_player





Gaiteiros de Tamparrantán
Asando as castañas
A mama de Vivian contándonos un conto tradicional venezolano
Espontáneos