martes, 19 de noviembre de 2013

PAN DE MILLO....



Do latín milium, grans pequenos e en gran número, xurde o millo para expresar un dos tótems da cultura gastronómica galega, e quizais unha das fontes de alimentación máis recorridas no mundo. Dende a época castrexa, en Galicia chamábaselle millo ó mijo, o millo miúdo ou paínzo (Panicum miliaceum), pasando a denominarse millo ó gran orixinario de América fai case catrocentos anos. Na Península Ibérica coñécese coma maíz, xa que ó preguntarlle os conquistadores españois polo nome desa planta a un nativo, este respóndelles "ma is", querendo dicir "tómao", "cólleo ti mesmo".

Cando o millo esta maduro faise a seitura, esta pode ser ben cortando a planta enteira ou recollendo as espigas.

Despois faise a esfolla Se o tempo o permitía a esfolla podíase facer na propia leira. Para realizar esta tarefa xuntábanse mozos e mozas que ían sacando coas mans as follas que rodeaban a mazaroca. Logo as espigas íanse debullando a man e unha vez limpo o millo gardábase nas arcas ata a hora de levalo a moer.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario