viernes, 28 de febrero de 2014

VOLVER....

Pois iso,volver 20 anos despois.


Rogamos que se alguén estivo connosco na escola hai 20 anos e non logramos avisalo para participar na comparsa, que se poña en contacto con nós.

Déixovos o enlace da revista CATROGATOS, onde o relata maxistralmente Reyes Cabero;moitas grazas
http://www.catrogatos.com/2014/02/anda-ese-soy-yo/





jueves, 27 de febrero de 2014

PREPARATIVOS ENTROIDO..

As mellores nais, pais, avoas, avós ....e como non:os mellores nenas/os.
Grazas por estar ahi,por compartir, axudar e involucrarse;por todo iso e mais,moitas grazas.Grazas tamén a mamá de Noa por ensinarnos a coreografía e deixarnos ensaiar en Sondodance.

POS DATA:
Todos, absolutamente todos: nais,pais,avoas,avós....e nenas e nenos,independentemente de que poidan participar ou non  nas actividades, son os mellores.Porque as actividades son sempre puntuais, pero a asistencia e sempre continua.Estamos orgullosos de que pertenzan todos a nosa comunidade educativa, de confiar en nós en definitiva.Por todo iso moitas grazas.
De aí a rectificación, por si alguén se sinte ofendido, e mal interpreta as miñas verbas.Para nós, todos sodes os mellores. 







ANIVERSARIO.

Parabéns Viviana por os tres anos cumpridos.
Para ti o noso agasallo;cousas que unha nena/o necesita facer mentres sexa nena/o:
Sentir os elementos da Natureza é divertido e educativo. Sentir o vento na cara, a choiva no pelo, meter os pés na auga, xogar ca neve,pasear polo bosque e tirarse na herba e cheirar as flores.



miércoles, 26 de febrero de 2014

PREPARANDO O ENTROIDO

O entroido, que significa "entrada"; entrada a diversión, ao cambio de roles, a rachar co establecido e sobre todo a pasalo ben.
 Aquí un anticipo do Entroido.

lunes, 10 de febrero de 2014

PREPARATIVOS....

Preparativos: Todo aquilo que se necesita para preparar algo que se vai realizar ou celebrar con posterioridade........



 



UMACAPIRUÁ, ASUO, ASUÉ,........(bis)

lunes, 3 de febrero de 2014

MANEL NA ESCOLA......

Un ano máis,Manel volve á escola.
 Converteuse nun sopro de aire fresco; unha Mary Poppins que convulsiona, estimula e fragmenta mentes e actos. "O señor das luces", que ilumina o cerebro de futuros e actuais pais/ nais, educadores e educadoras.
Nenos e maiores, hipnotizados baixo a súa maxia, esperando coa súa atenta mirada o que vai acontecer.
Esperando que non remate e que o ano que vén, volva.

Déixovos, ademais o enlace ca revista CATROGATOS.
http://www.catrogatos.com/2014/02/os-mais-pequenos-disfrutan-dun-espectaculo-de-luces-e-cores-con-manel-fernandez/