viernes, 4 de abril de 2014

A DAMA DAS CAMELIAS...

"A dama das camelias"  é unha novela asinada por Alejandro Dumas (fillo). Esta obra está inspirada nun feito real da vida de Alejandro relativo a un romance con Marie Duplessis nova cortesá de París que mantivo distintas relacións con grandes personaxes da vida social.A ópera "A Traviata", do compositor italiano Giuseppe Verdi, baseouse nesta novela.
Aínda que a nosa actividade non ten nada que ver coa novela,si que ten relación coa fermosa árbore e a sua flor.
Proveniente de Asia e introducida en Galicia sobre 1800.Existen mais de 200 especies distintas, sendo a súa flor xeralmente grande e inodora e a súa cor varía desde o branco ao vermello pasando por tonalidades rosas.
Non sei se é a flor máis representativa de Galicia,  pero si sei, que é a máis abundante no patio da escola.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario