miércoles, 19 de noviembre de 2014

MAGOSTO


 Non hai magosto sen castañas e o tradicional cornete,de papel de xornal, para levar as castañas;deixa paso a novos elementos realizados con materiais de reciclaxe.Neste caso, cornetes decorados e feitos con tetra briks.









lunes, 17 de noviembre de 2014

OBRADOIRO DE COSMETICA NATURAL

Grazas a  Verónica Torrijos,bióloga,aprendemos a facer crema corporal e pasta de dentes.

-CREMA HIDRATANTE CON LECITINA:

-80ml auga destilada.
-40ml aceite de améndoas doces.
-15 g lecitina de soia.
-8g. cera de abellas pura.
-1 ampola de vitamina E.
-1-2 ml aceite esenciais:
   -Pel graxa:bergamota,ciprés, enebro ,aloe vera.
   -Pel seca: sándalo,xeranio,rosa.
   -Pel normal: lavanda,xasmín.

   Ao baño María mesturamos a lecitina de soia e a auga,ata que se disolva.Por outra banda,tamen ao baño María, mesturamos o aceite  e a cera ata que se derreta.Apartamos do lume e mesturamos con axuda do batedor.Introducimos dentro dun bote e cando comence a arrefriar engadimos a vitamina E e os aceites esenciais.

-CREMA CORPORAL HIDRATANTE:

-70 ml aceite de améndoas doce.
-30 ml de aceite de oliva virxe.
-15ml zume de limón + 15 ml auga destilada.
-8 g. cera pura de abellas.
-1 ampola de vitamina E.
-1-2 ml aceites esenciais.

Ao baño María poñemos a cera,  cando estea derretida engadimos os aceites, eo limón mesturado ca auga.Cando baixe a temperatura engadimos os aceites esenciais e a vitamina E.

-PASTA DE DENTES NATURAIS:
-Auga.
-Sal
-Herbas medicinais:
  -Tomillo.
  -Herbaboa.
  -Romeu.
-Arxila branca.
-Esencia de menta.

Fervemos a auga e engadimos as herbas e un pouco de sal.Deixamos repousar  ata que a auga estea morna.Nun bote poñemos un pouco de arxila branca e engadimos a infusión feita pouco a pouco, mesturando ata que teña unha textura de crema.Engadindo ao final unhas gotas de esencia de menta.







jueves, 13 de noviembre de 2014

viernes, 7 de noviembre de 2014

FESTA DE SAMAÍN

Festa de Samaín, con concurso de cabazas e premio a mellor cabaza, outorgado por votación popular.
Mais novas en CATROGATOS http://www.catrogatos.com/2014/11/samain-en-elfos/